evasolla | Unsorted

Telegram-канал evasolla - Eva Solla Fernández

77

Coordinadora de Esquerda Unida. Comité Central PCE. Feminista.Enfermeira.

Subscribe to a channel

Eva Solla Fernández

🚞 Esta mañá reuninme xunto con compañeiras de Esquerda Unida de A Coruña, Compostela e Ferrol co Comité provincial de ADIF para amosar o noso apoio á Folga convocada o día 28 de Marzo en España e aos paros previos contra o recorte de persoal e a privatización de servizos. Precisamos recuperar o ferrocarril!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🐺 ¡Boa nova! A Valedora do Pobo admite a trámite a denuncia de EU con respecto á exención de restricións recollidas no Decreto 8/2021 para a actividade da caza. https://esquerdaunida.org/a-valedora-do-pobo-admite-a-tramite-a-denuncia-de-eu-con-respecto-a-exencion-de-restricions-recollidas-no-decreto-8-2021-para-a-actividade-da-caza/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👄 Hoxe é o Día Europeo da Saúde Sexual. Toca lembrar que a sexualidade forma parte da nosa saúde física e psicolóxica e que coidarnos implica moito máis que saber colocar un condón.

👅 O autocoidado debe supor manter relacións afectivo sexuais sanas desde o punto de vista do respecto e o consentimento das persoas que nelas participan. Coidarnos debe supor saber dicir que non a algo non seguro tamén desde o punto de vista da saúde.

👩‍❤️‍💋‍👩 Nos últimos anos o número de infeccións de transmisión sexual se teñen incrementado de maneira elevada. Temos que lembrar que o sexo é positivo desde todos os puntos de vista, así que non se trata de reprimirnos, se non de practicalo con seguridade e sentidiño. ¡Coidarse é quererse! https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2021/02/13/internista-hula-pacientes-tres-infecciones-transmision-sexual-vez-problemas-resistencia-antibioticos/00031613248131698467381.htm

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A suba do SMI e rachar coas reformas laborais e das pensións xa toca!! #Vigo

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Mañá estarei en #Vigo apoiando as mobilizacións convocadas por CCOO e UGT. Porque #AgoraSiToca cumprir con:

👉🏼 Subida do Salario Mínimo Interprofesional

👉🏼 Derrogación da reforma laboral

👉🏼 Derrogación da reforma das pensións

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe é o Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina. Esta terrible mutilación vulnera os dereitos humanos de millóns de mulleres ás que se lles abla o clítoris e en moitos casos os labios menores e aínda que poida parecernos moi allea, milleiros de nenas en España atópanse en risco de sufrila. #StopMutilación https://www.consalud.es/pacientes/3600-ninas-residen-espana-encuentran-riesgo-sufrir-mutilacion-genital_92120_102.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👷🏻‍♂️ Onte o Cordinador de Izquierda Unida Castela A Mancha, Juan Ramón Crespo ,a nosa eurodeputada Sira Rego e máis eu reunímonos co persoal de Siemens-Gamesa para amosar o noso apoio contra o peche das factorías de Cuenca e As Somozas e coordinar iniciativas e traballo nas institucións e na rúa.

✊🏼 O vindeiro 10 de Marzo, Esquerda Unida apoia as mobilizacións e a folga convocada na conarca de Ferrolterra contra a perda de emprego industrial.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Repugnante. Varios milleiros de maiores morreron de Covid nas súas residencias e logo de afirmar no mes de novembro que non se avergoñaba de gañar cartos gracias aos desfavorecidos, esta persoa despreciable súmase á listaxe dos infames que decidiron saltarse a quenda de vacinación.
https://www.eldiario.es/galicia/politica/xunta-galicia-vacuno-josefina-fernandez-consejera-delegada-domusvi-muerte-2-600-personas-residencias_1_7190713.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

💉 O pasado luns Esquerda Unida celebramos unha charla online para falar da vacinación de Covid-19, do papel da enfermaría e da situación da Sanidade Pública. Contamos coa opinión e valoración de Hugo Bermúdez, compañeiro de Enfermeiras Eventuais en Loita.

👨🏼‍⚕️ Se queredes ver os interesantes temas que tratamos, podedes botar un ollo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=EgNI2UzGoJY&feature=youtu.be

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

💉 Esta tarde temos unha cita para falar da vacinación e da Sanidade Pública. Agardámosvos desde as redes sociais de Esquerda Unida e na nosa páxina web!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/1349468107803422721?s=21

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

💉 ¿Quen é responsable da vacinación?
👩🏼‍⚕️ A enfermaría.

👉🏼 Aquí explico por que desde Esquerda Unida consideramos que este é un bo momento para que a Xunta mellore a situación da enfermaría no SERGAS.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

As saturacións seguen nos servizos de urxencias de case todos os nosos hospitais!! Déixovos aquí a intervención coa que o pasado mércores defendín a iniciativa coa que reclamabamos máis persoal público, entre outras medidas. https://www.youtube.com/watch?v=hdO3lWdhaAw

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A situación das Urxencias é inadmisible!! Os parches Non serven e son profesionais e doentes quenes pagan a mala xestión da Xunta. 😤

Hoxe, por fin reanudado o periodo de sesións,levo a situación das Urxencias a debate na Comisión de Sanidade.

Nun par de horas estarei denunciando esta situación e propondo medidas para solventala. 🧐

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/68979-urxencias-volven-colapsarse

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A pasada semana fiscalía emitía un escrito no marco da operación Carioca totalmente impresentable.
Un texto no que se banaliza a prostitución de menores e as condicións de coacción das mulleres vítimas de explotación sexual.
Ante ese escrito, dende Esquerda Unida denunciamos a existencia dunha xustiza machista que adoece de protección para os dereitos de mulleres e nenas.
Público recolleuno aquí:
https://www.google.es/amp/m.publico.es/sociedad/esquerda-unida-tacha-machista-justicia-escrito-fiscalia-operacion-carioca.html/amp

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🔌 Onte a coordinadora de EU Coruña, Carmen Armada e máis eu reunímonos co Comité do COR de Naturgy de A Coruña ante a ameaza de peche da empresa de este centro que atende as incidencias de toda a rede eléctrica en Galicia e alta tensión en Castela León.
¡Basta de deslocalizacións!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👨🏼‍💼O vindeiro venres repasamos a nova Lei de Educación co noso deputado Joan Mena.

📚 ¿Queres saber que traballo se fixo desde Izquierda Unida e Unidas Podemos? ¿Que valoración temos do texto? ¿Que aspectos hai que mellorar?.

👩🏼‍🏫 A compañeira Malay Sobrín da Área de Educación de Esquerda Unida conducirá este acto no que de seguro aprenderemos novas cousas sobre a Lei. ¡Agardámosvos!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👷🏼‍♂️ Continuando coas actuacións en defensa dos postos de traballo en Siemens-Gamesa, esta semana o noso grupo parlamentario no Congreso das Deputadas e Deputados rexistrou unha PNL.

✊🏼 A iniciativa presentada solicita a actuación do Goberno para impedir o peche das factorías de As Somozas e Cuenca.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👷🏻‍♂️ A semana pasada reunímonos co persoal de Siemens-Gamesa para amosar o noso apoio contra o peche das factorías de Cuenca e As Somozas.

👩🏻‍💼 Izquierda Unida, a través da nosa eurodeputada, Sira Rego, vén de dirixirse á Comisión Europea para que actúe e se reúna cos Comités.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

😥 Feijóo falaba esta tarde de flexibilizar as medidas anti-COVID para a semana que vén. Hai que salvar o antroido e a Semana Santa?

🤦🏻‍♀️ Por que o seu comentario é pouco prudente: 👇🏼

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Non perdades o acto inaugural do #CentenarioPCE💯.

Repasaremos a historia do Partido coa participación de historiadores e protagonistas, con música e saúdos de organizacións con quen a compartimos.

🔴 En directo en pce.es e nas redes sociales do PCE.

📺 https://www.youtube.com/watch?v=75ZK535mNbY

👉🏼 https://twitter.com/elpce/status/1358003754616971264

👉🏼 https://www.facebook.com/elPCE/videos/454695735893321

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🤕 Hoxe é o Día Mundial contra o Cancro. Atrévome a dicir que seguramente todas e todos tivemos alguén na familia con esta dura doenza.

👩🏾‍⚕️ Hoxe toca non só enviar alento a todas as persoas que loitan contra a enfermidade, se non a aquelas que coidan. Ás familias e tamén ao persoal sanitario.

👨🏼‍⚕️Un persoal sanitario que traballa en condicións a miúdo precarias, pero o fai con toda a profesionalidade do mundo e a mellor cara posible.

🦠Hoxe, non debemos esquecer que a saturación dos centros sanitarios por mor da Covid-19 está retrasando atencións que en moitos casos poden ser decisivas para persoas que teñen cancro e aínda non foron diagnosticadas ou quizás aquelas que logo de superar un tratamento teñen que realizar controis posteriores.

💊 As urxencias continúan a ser atendidas polo sistema público, así coma moitas cousas inaplazables, coma os tratamentos de quimio e radioterapia. Pero moitas outras cousas, incluídas as enfermidades crónicas non se están a atender tan ben coma poderían.

💸 Por máis esforzos que faga o persoal, non serán suficientes mentres quen xestiona e goberna decida manter ao cadro de persoal sanitario baixo mínimos, facilite que o persoal emigre e privatice servizos sempre que pode.

🍋 Cando se espreme ao sistema sanitario este ten moitas dificultades para absorver toda a demanda en situacións como as que estamos a vivir.

🧑🏼‍⚕️Todo o meu alento a quen desde o pixama de traballo ou o camisón de doente loita por sair adiante.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🐗 Reclamamos á Xunta que rectifique no trato de favor ao sector da caza nas restriccións pola COVID-19 e vimos de denuncialo ante a Valedora do Pobo.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/1353762622726938625?s=20

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👵🏼 Esta semana Esquerda Unida vimos de reclamar á Xunta de Galicia que inclúa ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar coma grupo prioritario no calendario de vacinación da Covid-19.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/1349291212436606976?s=28

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/1346919226712481805?s=28

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A pasada fin de semana Esquerda Unida denunciamos esta barbaridade (enlace na nova). O País recolle hoxe un bo resumo dun escrito de Fiscalía machista, clasista e que fomenta a impunidade.
https://politica.elpais.com/politica/2018/01/18/actualidad/1516273268_443758.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A Xunta oculta os seus contratos coa multinacional Medtronic defendendo os intereses da empresa a costa do noso dereito á saúde. 😠
O vindeiro mércores 23 preguntareille cara a cara ao Conselleiro de Sanidade no Pleno do Parlamento por este novo “chanchullo”. ✊🏻

http://www.tercerainformacion.es/articulo/galicia/2018/01/15/en-marea-denuncia-a-ocultacion-de-informacion-publica-relativa-aos-contratos-cunha-multinacional-por-parte-do-sergas

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

O pasado venres recibía a vergoñenta resposta da Xunta de Galicia que continúa sen dar información sobre os contratos con Medtronic.
Privatizan ás agachadas e tratan de introducir pola vía dos feitos a xestión clínica privada.
A xente non ten dereito a enterarse de nada, porque os intereses da multinacional están para a Xunta por enriba de todo o demais.
Aquí o conta eldiario.es
http://m.eldiario.es/galicia/Xunta-Parlamento-ocultacion-sanitario-multinacional_0_728627862.html

Читать полностью…
Subscribe to a channel