evasolla | Unsorted

Telegram-канал evasolla - Eva Solla Fernández

77

Coordinadora de Esquerda Unida. Comité Central PCE. Feminista.Enfermeira.

Subscribe to a channel

Eva Solla Fernández

O Comisario de Emprego da UE faise eco da denuncia presentada por Izquierda Unida ante a represión sindical en Alu Ibérica (Alcoa A Coruña) 👉🏼
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2021/05/04/comisario-empleo-union-europea-supervisara-cerca-situacion-planta-alu-iberica-coruna/00031620119825998999798.htm

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🏭 Achégase o 1 de Maio e mañá ás 20h terei o pracer de falar da situación da industria nos diferentes territorios con Roser Maestro, Vane Lillo, Darío Sanz, Iván Pastrián e Francisco De Asís. Podedes seguilo nas redes do Partido Comunista de Asturias.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Expulsar ao fascismo dos pobos de Europa costou moita sangue, súor e vidas. Neste #25Abril lembrémonos da necesidade de non repetir. #AbrilSempre

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

❤️💛💜 ¿Perdícheste a presentación do pasado venres do libro "La asignatura pendiente"? Se queres ver a conversa que tivemos con Enrique Díez sobre a ausencia de contidos pedagóxicos sobre Memoria Democrática no sistema educativo podes facelo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=kWJ8tOvzPpo&t=5s

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👩🏼‍⚕️ O enésimo recorte vivido no CHUO. Volvendo ás andadas no peche de camas!! Todo o meu apoio ás compañeiras que hoxe se están a concentrar contra os abusos da Xerencia e a Xunta.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Aquí estamos! Defendendo os dereitos sociais e a democracia, defendendo a República!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

❤️💛💜 Mañá estaremos celebrando un 14 de Abril máis, coa esperanza posta nunha III República. Ás 19:30 participarei da concentración convocada pola Asemblea Republicana de Vigo e Amigos da República. Vémonos alí!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

✊🏼 O PCE cumpre este ano 100 anos de vida. Aquí a miña humilde opinión sobre o centenario e o significado da militancia comunista coa imaxe na retina do recén falecido Luís Ferreiro.

https://pcgalicia.org/os-100-anos-que-viran/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Pasan os anos, pero a impunidade pervive.

Loitar para que José teña Xustiza é loitar contra o esquecemento pero tamén, loitar cumprindo co pactado, recuperar a xurisdicción universal e traballar por vivirmos, máis pronto que tarde, nun Estado soberano que non permita nunca máis que se pisoteen os dereitos dun concidadán.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👷🏻‍♂️ O pasado xoves a Coordinarora de Esquerda Unida da Coruña, Carmen Armada e máis eu voltamos reunirnos con representantes sindicais do Centro Operativo de Naturgy que a empresa pretende pechar, deixándonos sen atención ás incidencias desde Galicia.

😠 Agora súmanse 1.000 futuras baixas que Naturgy quere dar no conxunto do Estado, reducindo o persoal á metade en tan só cinco anos.

👉🏼 Desde Esquerda Unida continuaremos apoiando a súa loita nas rúas e institucións.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Comeza a #XIIAsambleaIU entre estrictas medidas de seguridade para a saúde e coa maioría das máis de 500 delegadas desde as súas casas.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

⛏ A nosa organización vén de denunciar ante a Comisión Europea a persecución sindical en Alu-Ibérica.

https://esquerdaunida.org/izquierda-unida-denuncia-ante-a-comision-europea-a-persecucion-sindical-en-alu-iberica/?fbclid=IwAR1dYwew7YqYfE8ItrZNXv8vhw91qhsmn4N1dp6c4e-zJBnsBhdF1ie8L0A

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👨🏽‍🏭 O Partido Comunista de Galicia apoia a folga do vindeiro 10 de Marzo na comarca de Ferrolterra en protesta pola destrucción de emprego industrial.

👉🏼 Mañá teremos ocasión de falar con Jose Antonio Zan (Comité Alcoa San Cibrao), Alejandro Del Río (Comité Siemens-Gamesa) e Juan Carlos López Corbacho (Comité Alu Ibérica) sobre o futuro da nosa industria.

Acompañádenos ás 20h desde as redes do PCG!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

💪🏼💜 Esta semana a Rede Feminista de Izquierda Unida celebrou un fermoso acto con poesía, intervencións políticas, denuncia e música. Se aínda non o miraches podes facelo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=kyEwFqkEcZA Adiante cara o 8M!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🤯 Se vos perdíchedes o acto sobre impacto psicolóxico da COVID-19 con Yolanda Castro, podedes miralo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=jcgc-WHuF5I&feature=emb_title

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

✊🏼 Hoxe é día de loita, de reivindicar os nosos dereitos coma traballadoras e desmontar ao fascismo con unidade de clase. Vémonos na rúa!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Atlántico Diario recolleu onte a labor que fan as compañeiras de Distopía. Lembrade que siguen precisando un local para seguir axudando. 🧡

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/distopia-reto-tejer-red-solidaria-margen-caridad/20210425000730834650.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/1385575990408134657?s=21

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

👩🏽‍⚕️ A sanidade pública continúa en perigo. A Xunta aproveitou a Pandemia para instalar permanentemente a cita telefónica como “consulta” de atención primaria. Queremos recuperar os nosos centros de saúde e os nosos dereitos!! Hoxe vémonos ás 20h nas rúas galegas!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🤓 Esta tarde da comezo a II Escola de Cadros “Santiago Álvarez” do Partido Comunista de Galicia”. Para as persoas que non están inscritas, subiremos ao longo dos días vídeos destas interesantes xornadas.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Fai un ano amenciamos no medio dun confinamento que non sabiamos canto ía durar. Poñer a tricolor na fiestra e unha cazolada á tardiña eran as únicas actividades de conmemoración que nos iamos permitir no día da República.

Hoxe aínda non saímos da crise sanitaria, aínda que afortunadamente, hoxe sí podemos saír das nosas casas.

Neste ano de Pandemia aprendimos a necesidade de ter investigación e sanidade fortes, a importancia de ter producción no noso país de materiais básicos ou a relevancia de termos un laboratorio capaz de producir no noso país a ansiada vacina, son elementos íntimamente relacionados co público, coa res pública e polo tanto, co noso modelo de Estado e de construción social, onde ninguén quede atrás.

Hoxe máis que nunca, viva a III República!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

📚 No marco da celebración do día da República esta semana, Esquerda Unida temos o pracer de convidarvos á presentación do libro de Enrique Díez, “La Asignatura Pendiente”, sobre as ausencias nos contidos educativos da Memoria Democrática e a necesidade de avanzarmos cara un ensino que supere a ocultación do pasado.

👨🏻‍🏫 Agardámosvos o venres ás 18:30 desde as redes sociais de Esquerda Unida e desde a nosa web!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🟣 Esquerda Unida traslada unha queixa á dirección da CRTVG ante a emisión dun programa no que se expón a unha muller a unha situación violenta.

❌ Estes feitos vulneran todas as recomendacións e normativas existentes en materia de protección, prevención e tratamento da violencia de xénero, que á súa vez, dita emisión carece de toda ética profesional ante o tratamento tan discriminatorio cara a muller.

‼️ Na carta remitida á dirección da CRTVG e á responsable de Igualdade da Xunta de Galicia, esiximos unha disculpa e rectificación públicas ante o acontecido así como a non emisión novamente do capítulo do programa emitido o día 8 de Abril en ningún formato audiovisual.

https://esquerdaunida.org/esquerda-unida-traslada-unha-queixa-a-direccion-da-crtvg-ante-a-emision-dun-programa-no-que-se-expon-a-unha-muller-a-unha-situacion-violenta/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🗞 Déixovos por aquí esta entrevista que me fixo Nós Diario e na que poidemos falar do centenario do PCE, a crise da COVID-19 e moitos asuntos de actualidade.

https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/eva-solla-impunidade-da-coroa-seus-membros-problema-democracia/20210406200830119020.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Non poderei estar hoxe na #Coruña Todos os meus azos á exemplar loita dos traballadores de #AluIbérica ✊🏼

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Esta tarde volveremos reunirnos cos compañeiros do COR de #Naturgy #ACoruña A Xunta non move nin un dedo pese á inminencia do peche do centro que atende as incidencias da rede eléctrica en Galicia. https://esquerdaunida.org/esquerda-unida-denuncia-a-inaccion-das-administracions-ante-o-peche-do-centro-operativo-de-naturgy-na-coruna/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🔴 Gracias al trabajo de activistas y profesionales de la sanidad pública durante años, la Ley de Eutanasia es ya una realidad y nos convierte en un país más humano.

👉🏻 Desde Izquierda Unida llevamos por primera vez el debate de la muerte digna al Congreso en 1.998. Tras varios intentos, hoy por fin esta ley elaborada colectivamente desde Unidas Podemos añade un nuevo derecho que nos dignifica como personas.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

💜✊🏼💪🏼 Hoxe sairemos novamente ás rúas. Farémolo con seguridade e responsabilidade. Farémolo coidándonos entre nós, como coidamos nesta pandemia.

As mulleres estiveron á fronte dos empregos esenciais, sendo maioría na sanidade, educación, sociosanitario, limpeza ou alimentación. As mulleres estiveron á fronte dos coidados na maioría dos fogares.

Sabemos coidar e coidarnos. Non precisamos tutelas nin nos amedrentan os reaccionarios.

Vémonos na loita! #8M

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

✊🏼💜 O vindeiro xoves estarei con outras valiosas compañeiras no acto da rede feminista de Izquierda Unida. Falaremos das que coidan, falaremos das precarias, falaremos de #ResistenciasFeministas. Acompañádenos a través das RRSS de Izquierda Unida!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

😩 A crise da COVID-19 non só está a ter consecuencias para a é economía ou a saúde física. Incertidume, perda do traballo, medo a enfermar...a saúde mental tamén se está a ver afectada.

👩🏻‍⚕️ O vindeiro venres teremos unha conversa con Yolanda Castro, psicóloga clínica do SERGAS para analizar o impacto da COVID-19 a nivel psicolóxico e falar da situación da atención sanitaria. ¡Acompáñanos!

Читать полностью…
Subscribe to a channel