evasolla | Unsorted

Telegram-канал evasolla - Eva Solla Fernández

77

Coordinadora de Esquerda Unida. Comité Central PCE. Feminista.Enfermeira.

Subscribe to a channel

Eva Solla Fernández

Onte denunciamos o abandono da Xunta á veciñanza de O Porriño. A Valedora do Pobo ven de comunicar á Esquerda Unida que pese a reiterar a nosa petición de informes da Consellería de Sanidade e Medioambiente, a Xunta segue sen entregar nada.
Cantos meses máis van deixar pasar sen facer nada?
Non imos parar ata que as administracións protexan a saúde da veciñanza ante este tóxico canceríxeno.
https://www.google.es/amp/amp.europapress.es/galicia/noticia-eu-acusa-xunta-desinformar-vecinos-porrino-afectados-problemas-lindano-20180113165157.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Onte denunciamos unha vez máis o colapso das Urxencias no noso País. A falla de previsión é inadumible e agocha unha intencionalidade clara de deterioro da sanidade pública.
Estivemos no Álvaro Cunqueiro en Vigo, símbolo da nefasta xestión nesta materia. Non foi ata un mes despois do inicio das saturacións que a Consellería se dignou a abrir as camas pechadas.
https://enmarea.gal/marea-esixe-mais-prevision-planificacion-xunta-colapso-das-urxencias-nos-hospitais-galegos/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

O pasado mes de decembro estiven xunto con outros compañeiros e compañeiras nos campamentos saharauis de Tinduf.
Fai unhas semanas Praza Pública entrevistábame para preguntar polas impresións.
Hoxe déixovos aquí este artigo que escribín sobre os 42 años de abandono internacional e de loita do pobo saharaui.
http://praza.gal/opinion/4408/sahara-42-anos-de-abandono/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/949615825727709185?ref_src=twcamp%5Eshare%7Ctwsrc%5Eios%7Ctwgr%5Eph.telegra.Telegraph.Share

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

📻 Esta mañá, Eva Solla estivo falando sobre violencia machista, desemprego e outros temas de actualidade no programa Galicia por Diante, de Radio Galega. Escoitar dende: https://goo.gl/45d4z2

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🏥 Un ano máis temos que asistir á mesma imaxe das Urxencias colapsadas e a doentes sufrindo nos corredores. Non será porque a Xunta non estaba advertida.

👩🏻 Eva Solla: “Reiteramos a demanda de máis persoal e que se reabran todas as camas pechadas”

📝 Nota de prensa: https://enmarea.gal/marea-denuncia-os-colapsos-de-urxencias-critica-falta-de-prevision-da-xunta-ano-mais/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Onte participei con Chelo Carballal da Asociación Fuco Buxán nun fantástico acto organizado por Esquerda Unida Ferrol no que falamos do papel das mulleres na Revolución Rusa no marco do seu cen aniversario.
Cunha sala ateigada de xente, conversamos sobre as mobilizacións das traballadoras, faísca do resto do camiño revolucionario e tamén dos dereitos acadados para todas elas.
Imprescindible non esquecer a estas mulleres que mudaron o mundo!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/943047328746889218

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🗞 Rubén Pérez é reelixido coordinador local de Esquerda Unida Vigo. Ler a nova en: https://goo.gl/3CkX8P

🏅O proxecto de Sogaps, para dotar dun pozo de auga potable aos campamentos de Tinduf, é o gañador do Premio Solidario Cidade de Ferrol. Ler en: https://goo.gl/1MDxca

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Público recolleu estes días o debate sobre o lindano do pasado Pleno e a nosa denuncia nate a desidia do Conselleiro de Sanidade. http://www.publico.es/sociedad/residuos-fabrica-pesticidas-anos-50-intoxican-14-personas-pueblo-pontevedra.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/940656135832514560

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe houbo oportunidade de seguir coñecendo o Sahara.
Pola mañá estivemos no featival cultural de Bojador.
Despois voltamos á nosa casa de acollida, onde mantivemos unha xuntanza co Presidente do Parlamento Jatri Adduh.
Al mediodía estivemos visitando a distintas familias saharauis.

Pola tarde desplazámonos á apertura do IX Congreso do UJSARIO, xuventude do Frentre Polisario onde interviron, entre outros Brahim Gali, presidente da RASD e onde o UJSARIO escollerá á súa novs dirección.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Esta tarde seguimos co traballo da delegación galega nos campamentos saharauis.
Visitamos a "Media Luna Roja" onde nos trasladaron a crúa realidade de carencias nutricionais e dificultades de acceso á auga de grande parte da poboación saharaui.
Estas circunstancias vense agravadas polo recorte nas partidas dos países da UE adicadas a solidaridade, poñendo en evidencia que esta é só un parche se non existe unha solución política que permita ao pobo do Sahara voltar á súa terra.

Esta tarde tamén tivemos a inmensa sorte de conversar con Suelma Beiruk, vicepresidenta do Parlamento Africano, coa que tratamos o imprescindible papel das mulleres saharauis dende o 75 ata os nosos días.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🗣 Bo día! mentres se reanuda o pleno do Parlamento de Galicia, seguide a intervención de Eva Solla denunciando o abandono que a Xunta de Galicia fai en Porriño coa contaminación por lindano, un cancerixeno tipo 1

👉A Xunta non sabe que facer co lindano
👉Non informa ás veciñas
👉Non informou ás sanitarias en como atender as afeccións por lindano

https://youtu.be/nvl2_FpW3pQ

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Fai uns días RadioVoz entrevistábame para coñecer a nosa opinión sobre os terribles efectos para a saúde e o mediombiente do lindano que ameaza á veciñanza de Porriño.
http://esquerdaunida.org/eva-solla-fala-sobre-os-efectos-do-lindano-en-radio-voz/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Echa un vistazo al Tweet de @EsquerdaUnida: https://twitter.com/EsquerdaUnida/status/951788159305748480?s=09

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Echa un vistazo al Tweet de @eva_solla: https://twitter.com/eva_solla/status/951809672834699264?s=09

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/en_marea/status/951043707792510976?ref_src=twcamp%5Eshare%7Ctwsrc%5Eios%7Ctwgr%5Eph.telegra.Telegraph.Share

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Defendemos que se dote de persoal o centro de saúde de Navia en Vigo, mais ese persoal non pode sair de desmantelar outros centros. Unha profesional menos no centro de López Mora e doentes trasladados forzosamente a un centro que está a 6 Km. Esta é a política sanitaria do PP, sempre en detrimento da atención primaria. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2018/01/06/trasladan-navia-pacientes-lopez-mora/0003_201801V6C4995.htm

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Este xoves presentamos en rolda de prensa unha Proposición de Lei coa que dende En Marea pretendemos se derrogue a Lei 1/2012 de medidas temporais que anulou de facto grande parte da negociación colectiva no emprego público e dereitos básicos como días libres e compensacións polo traballo de fins de semana e festivos.
A norma tiña que terse revisado fai tres anos e toda vez que o Goberno fala de recuperación económica, ser suspendida.
Sen embargo, o Goberno resulta áxil retirando dereitos que logo se nega a devoltar.
Tras levar anos presentando proposicións non de Lei, decidimos redactar unha Lei que anule a anterior e agardamos poder debatila unha vez se reanude o traballo parlamentario.
https://www.google.es/amp/amp.europapress.es/galicia/noticia-marea-pide-derogar-ley-temporal-empleo-publico-20171228140734.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Fai unhas semanas puiden participar con outras deputadas e compañeiros da viaxe que Sogaps organizou aos campamentos saharauis. Esta semana Praza fíxome algunhas preguntas sobre o que alí observamos. Agardo que vos guste!! "O pobo saharahuí non pode vivir da solidariedade, quere vivir dos recursos da súa propia terra" http://praza.gal/mundo/15651/o-pobo-saharahui-non-pode-vivir-da-solidariedade-quere-vivir-dos-recursos-da-sua-propia-terra/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Vimos de asitir un ano máis á aprobación duns orzamentos que arrastran os recortes da crise. Uns orzamentos que en materia sanitaria persisten no incremento de capacidade das empresas privadas e non mantemento da insuficiencia de medios para a pública.
No caso do persoal sanitario, o orzamento non supón incremento de profesionais e a mostra de esa circunstancia son as propias ofertas públicas de emprego.
Reflexionando sobre esta situación déixovos este artigo que escribín a colación dos orzamentos adicados ao persoal sanitario. http://gal.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/973301/orzamento-e-persoal-sanitario-nada-novo-baixo-sol

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A situación das Urxencias nos nosos hospitais é unha irresponsabilidade. A previsión do Goberno brilla pola súa ausencia.
Os colapsos son a mestura de camas pechadas, ausencia de reforzos nas urxencias e persoal sanitario insuficiente tamén na atención primaria.
Dende En Marea presentamos no Parlamento unha batetía de preguntas e propostas sobre esta situación.
https://www.google.es/amp/amp.farodevigo.es/galicia/2017/12/16/sergas-convence-vacunarse-gripe-14/1804623.html

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

‼️Esquerda Unida denuncia, de novo un ano máis, que a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias en Galicia. Non perdas as declaracións de Eva Solla en: https://goo.gl/27dE9T

✅ A Comisión de Emprego no Congreso vén de aprobar a Proposición non de Lei relativa ao cálculo da duración da prestación de desemprego derivada de contratos a tempo parcial, defendida por Yolanda Díaz. Ver en: https://goo.gl/2YbvY1

👉 Ferrol oferta 150 prazas en campamentos para nenas/os de 3 a 12 anos coa fin de educar e xogar en igualdade! O explica a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruíz en: https://goo.gl/rE9Bja

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/940661242057945094

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/940650301811494912

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Seguimos co traballo dende o #Sáhara nos campamentos de #Tinduf
Esta mañá visitamos o Parlamento Saharaui en Tifariti . Puidemos asistir a unha das súas sesións e posteriormente a nosa delegación foi recibida polo Presidente do Parlamento, Jatri Adduh .
Durante a tarde visitamos a Casa Sanitaria de Galicia e o Hospital de Bojador que durante estes días ten recibido a visita e traballo solidario de persoal médico e enfermeiro provinte de varios puntos de España.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Bo día dende o Sáhara! Esta mañá estivemos visitando a "Asociación de Familiares de Presos y Desaparecidos Saharauis" onde poidemos escoitar os testimonios que denuncian as décadas de impunidade ante os asasinatos e desaparicións que incluén a existencia de centenas de persoas enterradas en fosas comúns.
Visitamos despois o Museo da Resistencia con decenas de pezas de artillería, fusís, minas antipersoa e tanquetas de orixe países OTAN incautados ás forzas ocupantes marroquinas.
Posteriormente entrevistámonos co Secretario Xeral do Ministerio de Información que nos acompañou ata as dependencias da RASD TV.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Onte o Partido Comunista de España celebramos o noso XX Congreso. No marco dun relevante debate interno no que o noso partido recupera, entre moitas outras cousas, o seu Comité Central; discutimos a posición perante a situación política en España e a nivel internacional.
Neste novo período que entra terei a responsabilidade unha vez máis de pertencer ao máximo órgano do PCE.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Veño de reunirme co alcalde e con representantes dos grupos municipais de Cuntis.
Demandan xa o mínimo esixible: que a Xunta cubra as baixas e permisos do persoal médico do seu centro de saúde.
O abandono da atención primaria en Galicia é total.
Como fixemos con outros concellos, levaremos este asunto á Comisión de Sanidade.

Читать полностью…
Subscribe to a channel