Coordinadora de Esquerda Unida. Comité Central PCE. Feminista.Enfermeira.
O pasado sábado estivemos coa Plataforma de afectadas e afectados da Hepatite C no barrioValón, Ferrol. Ante a celebración do día mundial das hepatites víricas, a Plataforma quixo congregarnos en torno ao monumento ao fígado sito na vila. Ademáis de lembrar a importancia do traballo constante e felicitar a este colectivo polos seus éxitos que facilitaron que hoxe, tras dous anos case a totalidade das persoas teñan acceso aos novos fármacos da hepatite C, trasladei a necesidade de non esquecer que queda moito que loitar para ter investigación pública, unha verdadeira prevención da enfermidade e sobre todo garantir o acceso aos tratamentos ás persoas presas, ás que hoxe non se lles facilita nun 90% dos casos.
Читать полностью…Hoxe tocan actividades burocráticas: unha mesa de contratación, xuntanza da Mesa do Parlamento e Xunta de Portavoces onde se fixará a orde do día do Pleno da vindeira semana. 📔💰💰
Nel o PP fixará ata onde apertan esta vez...o teito de gasto para os orzamentos do vindeiro ano.
Teño despois unha actividade máis alegre: recibimos no Parlamento aos nenos e nenas saharauius con Sogaps. 👫👬👭
🏥 Esta mañá recibimos no Parlamento de Galicia aos representantes da Marea Branca, que nos achegaron o seu documento de medidas e principios básicos para reverter as privatizacións na sanidade pública.
👩🏻 A voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, mantivo unha xuntanza coa plataforma para coñecer as 38 propostas, moitas delas coincidentes coas medidas que recollía En Marea no seu programa electoral.
https://enmarea.gal/nova/enmarea-mareabranca
Bo día!
Ás 09:30 estarei xunto a Marcos Cal nas dependencias do hospital do Salnés para reunirnos con parte da plantilla para tratar os recortes de persoal e de forma destacada o de celadores e celadoras.
Ás 11h visitaremos a ampliación do hospital e aproveitaremos para preguntar á Dirección que van facer co peche de camas estival.
En torno ás 13h desprazarémonos a Sanxenxo para falar coa veciñanza dos problemas do seu centro de saúde.
Imos!!
Escribín este artigo tralo fin da folga das Emerxencias de Galicia. Tres meses de esforzo que atestiguan que as folgas SI serven para conquerir dereitos. http://gal.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/770198/vitoria-da-tenacidade
Читать полностью…📝 Esquerda Unida reuniu esta mañá en Compostela a súa coordinadora nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, co fin de deixar pautadas as liñas básicas de traballo e ruta a seguir ata o vindeiro ano. Máis, dende a nosa web: http://esquerdaunida.org/a-coordinadora-nacional-de-esquerda-unida-aproba-o-plan-de-traballo-a-seguir-ata-o-vindeiro-ano/
Читать полностью…Fai algo máis dun mes defendín en Pleno unha Proposición de Lei para esixir ao Goberno a comparecer no Paralmento cada periodo de sesións para dar conta de por que non cumpre as iniciativas que aproba o Parlamento (ou cales cumpre).
O PP emitiu un voto en contra co argumento de que xa existía na Lei de Transparencia un artigo que lles obrigaba a publicar un informe de cumprimento.
Ese artigo, o 19, segue tamén sen cumprir a día de hoxe.
E hoxe estou, esta vez na Comisión de Xustiza e Administración, cunha iniciativa esixindo que o Goberno cumpra esa Lei que usou de excusa para non apoiar a nosa proposta.
Aquí vos deixo o vídeo de aquela intervención no Pleno.
👉🏻 Esquerda Unida valora positivamente que o xuíz desestime o sobresemento da causa polo accidente do Alvia. "É positivo que se avance na investigación e que continúe adiante esa imputación", explica Eva Solla. Ler en: https://goo.gl/PL2eKP
🎥 Esta mañá estivemos en Compostela, esixindo a dimisión do titular da Consellería de Educación, Román Rodríguez, polo recente peche dos centros públicos no rural. Ver en: https://goo.gl/MV4qbj
🔴 En directo, Eva Solla defende en Comisión unha cociña pública e de calidade para o hospital de #Ourense. Ver en: https://goo.gl/iNtUyS
https://enmarea.gal/nova/enmarea-limpezahospitaisferrol
Читать полностью…🏛Esta mañá é histórica no Congreso: debátese a terceira moción de censura da Historia da democracia.
É o momento de #BotarARajoy #EcharARajoy para recuperar a dignidade, a democracia e os dereitos sociais. Dende a Tribuna do Congreso asiste Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, xunto aos alcaldes Jorge Suárez, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega.
🎥Podedes seguir a moción de censura para #EcharARajoy en directo dende: https://www.youtube.com/watch?v=q7mR8kMx1-I
Déixovos aquí a entrevista que me fixeron fai dúas semanas en Diariofarma.
Falamos da necesidade de laboratorios e I+D+i público e da necesidade de reducir a nosa factura farmacéutica sen facelo a costa das persoas enfermas.
Tamén expusen a necesidade de eliminar os conflitos de interese entre profesionais e industria farmacéutica.
https://www.diariofarma.com/2017/05/26/dificil-discernir-evidencia-e-interes-comercial-los-congresos
Mañá voltarei estar coas traballadoras e traballadores do 112 en folga. Mes e medio xa!!
Aquí vos conto que imos facer:
Hoxe o intergrupo Paz e Solidaridade co Sáhara recibimos no Parlamento unha visita moi especial con Sogaps: as nenas e nenos do programa Vacacións en Paz.
Reiterar o agradecemento a Maite Isla e Sogaps polo seu traballo e anunciar que mantemos firme o compromiso pola liberdade do pobo saharaui.
Mañá estarei presente cos traballadores e traballadoras do metal na Coruña, en folga polos deus dereitos.
Vémonos ás 12:30 na praza de Sta.Cristina de onde sairá a mobilización.
Os dereitos acádanse con loita obreira!!
🏥Esta mañá a voceira de Sanidade de En Marea, Eva Solla, e mailo deputado por Pontevedra, Marcos Cal, acudiron ao Hospital Comarcal do Salnés para visitar as súas instalacións e constatar que neste centro durante os meses de verán se pechará toda a planta 3.
👩🏻Eva Solla: "É inadmisible que as mulleres embarazadas teñan que compartir planta con pacientes de traumatoloxía ou uroloxía"
💉Antes da visita ao hospital, que permanece sen dirección dende novembro, mantiveron unha xuntanza con representantes do persoal sanitario, que se queixan da saturación de traballo á que están sometidos, con quendas nas que só están operativos 3 celadores para atender todo o hospital.
🎥
https://youtu.be/rJ8FB00wOCc
📝
https://enmarea.gal/nova/enmarea-hospitalsalnes
👩🏻A deputada Eva Solla interviu no Pleno para defender os complementos de nocturnidade e festividade do persoal dos Puntos de Atención Continuada.
🎥 https://youtu.be/8iTlX8FkiJY
Fai algúns días levei á Comisión de Sanidade a situación do Centro de Saúde de Ribadavia.
A Xunta di que non vai facer nada porque o Concello non lle traspasa os terreos para construir un novo.
Mentres, a xente ten que seguir info ao actual, pese ás inundacións e a ausencia de seguridade.
Esta foi a miña intervención:
https://www.youtube.com/watch?v=7r6kpv_W2SU&feature=youtu.be
👷🏾♀️Esta mañá celebrouse a terceira xornada de #FolgadoMetal, 100% secundada na comarca de Ferrol. Tamén fíxose un paro en polígonos de A Coruña. Os sindicatos contemplan máis xornadas de paróns para mañá e os xoves 13, 20 e 27 de xullo.
https://goo.gl/dJAuJ7
👉🏻 Esquerda Unida incide en que as políticas de emprego, baseadas na temporalidade, rematan por volver crónica a miseria e a precariedade. Podes ver a valoración dos últimos datos do paro (mes de xuño) dende:
https://goo.gl/taLo39
Conscientes de que hai moito por avanzar na loita LGTBI, animámosvos a acudir ás diferentes mobilizacións, como a de hoxe, ás 20h. no Obelisco (A Coruña), na que estará Eva Solla. 😉
Читать полностью…Echa un vistazo al Tweet de @eva_solla: https://twitter.com/eva_solla/status/875257519710621696?s=09
Читать полностью…En Marea acusa ao Conselleiro de Sanidade de “tomar por parvos” aos galegos e galegas no relativo ao peche de camas anunciado para o verán. A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla Fernández, criticou que a Xunta bote man “cada vez dun novo eufemismo” para non recoñecer claramente que o que fai é pechar camas.
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1997426903814205&id=1727994870757411
Na festa do PCG #Ourense: versos de Marcos Ana, debate sobre a mercantilización do corpo das mulleres e amosando solidariedade, fraternidade e internacionalismo con Venezuela como sinal de identidade.
Читать полностью…Aquí vos deixo o fermoso vídeo que Esquerda Unida realizou co gallo da nosa XII Asemblea Nacional:
Читать полностью…👉Entrevista de Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, en #LaVoz: «Penso que En Marea ten que recuperar o discurso de esquerda». Ler en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/06/07/pensospan-langgl-marea-ten-recuperar-discurso-esquerdaspan/0003_201706G7P9995.htm
Читать полностью…Déixovos aquí o artigo que veño de publicar con relación á situación das tarballadoras e traballadores do 112:
Читать полностью…Hoxe exercín o meu dereito ao voto como afiliada da Esquerda Unida para o noso proceso asembleario no que me presento coma candidata á coordinación pola candidatura "Unha EU para a unidade popular".
Lembrade!! Hoxe remata o prazo para votar de xeito presencial nas nosas sedes. 📝🗳😉