Canal oficial de Telegram de Yolanda Díaz. Ministra de Trabajo y Economía Social
🎥 Deixovos o video completo da rolda de prensa, no seguinte enlace:
https://youtu.be/5TKIYJu0DpM
A partir das 13h presentamos en rolda de prensa as iniciativas rexistradas no Congreso relativas a recuperar para o público aquelas autoestradas que rematan concesión.
Читать полностью…🌛❄️ Boa noite!
🏛 Vimos de rematar outra sesión maratoniana da Comisión de Investigación da Crise Financeira que continúa mañá coa celebración de novas comparecencias. Ademáis, mañá presentaremos en rolda de prensa as iniciativas que vimos de rexistrar no Congreso para esixir ao Goberno a recuperación para o público das autoestradas de peaxe, especialmente todas aquelas quebradas e rescatadas con diñeiro público. Ademáis, vimos de solicitar que non se amplíen os periodos de ningunha concesión das autoestradas a medida que estes vaian rematando.
📌 A miña axenda completa de mañá, xoves, 11 de xaneiro:
🕤 9:30 horas. Comparecencia de Elena Salgado Méndez, ex Vicepresidenta do Goberno e ex Ministra de Economía e Facenda na Comisión de Investigación da Crise Financeira.
🕐 13:00 horas. Os deputados de En Marea, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino e Irene Montero, portavoz do Grupo Confederal no Congreso, presentarán en rolda de prensa as iniciativas relativas á recuperación para o público das autoestradas que rematan concesión.
🕟 16:30 horas. Comparecencia de Sebastián Albella Amigo, Presidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), na Comisión de Investigación da Crise Financeira
🕡 18:30 horas. Comparecencia de Dionisio Moreno Trigo, avogado do Caso Aziz no Tribunal de Xustiza da Unión Europea, na Comisión de Investigación da Crise Financeira.
🗣 Estas son algunhas das cuestións que veño de plantexar a Fernando Jiménez Latorre, exSecretario de Estado de Economía, na súa comparecencia na Comisión de Investigación da Crise Financeira
❓Por qué cando negociaron o memorándum do rescate bancario, as durísimas medidas e as reformas estructurais aprobadas ían destinadas contra as víctimas reais da crise (pensionistas, desahuciados, ...) e non contra os causantes da mesma?
❓Por qué entregaron a soberanía do noso país aos acreedores a sabendas de que non iamos recuperar nin un céntimo de euro dos ingresos públicos inxectados á banca, polas súas malas prácticas e as súas golferías?
❓Por qué non cumpriron cos prazos dos procesos de reestrucuración e posteriores privatizacións das entidades bancarias?
❓Por qué se precipitaron na venda das entidades bancarias, véndedoas a perdas?
❓Por qué non cumpriron co seu mandato na xestión da crise, que era defender o interese xeral, e esperar pola recuperación do valor das entidades bancarias?
❓Qué opinión lle merece que a banca internacional tamén se lucrara do mercado hipotecario e da crise financeira?
✊🏼 O que temos claro é que outras políticas son posibles, só temos que ver para os nosos veciños portugueses, que alonxándose das políticas de austeridade se pode beneficiar á cidadanía dun país e non aos golfos causantes da crise.
https://twitter.com/Yolanda_Diaz_/status/951013723023527936
Читать полностью…🌛❄️ Boa noite!!
🏛 Vimos de rematar a Comisión de Investigación da Crise Financeira no Congreso dos Deputados, unha sesión que, sen dúbida, estivo marcada pola comparecencia de Rodrigo Rato, que excusou, de novo, as súas responsabilidades na caída de Bankia, acusando da mesma ao Banco de España e a De Guindos. Ademais, tivo a caradura de afirmar que a crise financeira foi culpa dos mercados e non da mala xestión dos gobernos de turno.
🗣 A Comisión de Investigación da Crise Finaceira continúa mañá con novas comparecencias:
🕤 9:30 horas. Pedro Solbes Mira, ex Vicepresidente do Goberno e ex Ministro de Economía e Facenda.
🕟 16:30 horas. María Elvira Rodríguez Herrero, ex Presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
🕡 18:30 horas. Fernando Jiménez Latorre, ex Secretario de Estado de Economía e Apoio á Empresa.
❄️ Boa tarde!!
👇🏼 Deixovos algúns dos enlaces dos medios de comunicación que recolleron a rolda de prensa en defensa do sistema público de pensións
📝 http://www.lavanguardia.com/vida/20180109/434185202717/en-marea-avisa-sanchez-de-que-si-no-se-deroga-la-reforma-de-zapatero-de-2011-los-pensionistas-siempre-seran-pobres.html
📝 http://www.eldiario.es/politica/Marea-Sanchez-reforma-Zapatero-pensionistas_0_727577798.html
📝 http://www.cuatro.com/noticias/espana/Marea-Sanchez-reforma-Zapatero-pensionistas_0_2496900740.html
📝 http://www.diariovasco.com/agencias/201801/09/podemos-insuficiente-propuesta-sanchez-1114552.html
📝 http://www.telecinco.es/informativos/nacional/Marea-Sanchez-reforma-Zapatero-pensionistas_0_2496900739.html
📌 Seguimos a esixir que se debata no Congreso a PL sobre a reforma do sistema de pensións rexistrado polo Grupo Confederal, xa que é a única que garante un sistema público de pensións
💰 O principal problema que ten agora o sistema público de pensións é un problema de financiación, de gasto e non de ingresos
📝 Na nosa proposta propoñemos:
‼️retirar as desgravacións fiscais aos plans de pensións privados
‼️desbloquear as bases de cotización por arriba, para que os que máis ganen máis aporten ao sistema
‼️permitir que as pensións públicas, como mandata a Constitución Española, sexan financiadas vía impostos ou orzamentos xerais do Estado.
‼️derogar as dúas reformas laborais, a do PSOE e a do PP, así como as contrarreformas do sistema de pensións. Son as causantes do desastre que viven os pensionistas
‼️revalorizar as pensións de conformidade co IPC
✊🏼 Seguiremos a defender un sistema público de pensións de calidade e que permita pensións dignas. O que é unha indecencia é que dos case 9 millóns de pensionistas, 5 sexan pobres
‼️A actitude de #RodrigoRato no @Congreso_Es é intolerable. Un delicuente que cree que é o dono da finca. Intolerable! Culpa ao mercado da crise e a de Guindos da caída de Bankia. A cidadanía é a víctima dos recortes, para eles non importan nada. @En_Marea
Читать полностью…🌛 Boa tarde!!
🏛 De novo camiño a Madrid para continuar coa actividade parlamentaria no Congreso, onde mañá iniciamos os primeiros contactos cos sindicatos para comezar os traballos de redacción da Proposición de Lei de modificación do actual Réxime Especial Agrario. Pero antes manterei unha xuntanza coa Secretaria Xeral de Industria para falar de distintos temas que nos preocupan en relación á situación actual deste sector estratéxico como son as axudas e programas de reindustrialización en zonas castigadas pola crise, programas de dixitalización da industria ou axudas ao sector como é o sistema de subasta do servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade.
📌 A miña axenda completa de mañá martes, 19 de decembro
🕘 9.00 horas. Xuntanza coa Secretaria Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa, Begoña Cristeto Blasco, no Ministerio de Economía, Industria e Competitividade (Paseo de la Castellana, 160), para falar da situación da industria no noso país e das previsións do Goberno para reforzar a este sector estratéxico
🕧 12.30 horas. Os deputados de En Marea, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, manterán unha xuntanza cos sindicatos agrarios para iniciar os traballos de redacción da Proposición de Lei de reforma do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social (Sala Sert. Congreso dos Deputados)
https://twitter.com/yolanda_diaz_/status/941714087574155264
Читать полностью…"Falar hoxe de cambio climático é falar de democracia e da vida da xente. Temos q repensar o modelo productivo e industrial que queremos para o noso país. #ForoDelClima
Читать полностью…📷 Esta mañá acompañei ás traballadoras e traballadores do Sector Público nas mobilizacións convocadas en Madrid por CCOO e UXT, para esixir melloras nos servizos e nas súas condicións laborais. Paremos a privatización e os recortes nos servizos públicos!!
Читать полностью…🌛 Boa noite!
🎉 Rematamos unha intensa xornada no Congreso dos Deputados, na que conseguimos que se aprobaran as dúas PNL's que En Marea rexistrara na Cámara Baixa, o que non deixa de ser motivo de ledicia. ¡¡Algo estamos a facer ben cando grupos parlamentarios con diferentes posicionamentos políticos apoian as nosas iniciativas, por consideralas rigurosas e beneficiosas para a vida da xente!!
🏛 Mañá será un día importante no traballo que está a desenvolver o Grupo Confederal, xa que celebraremos a primeira xornada do Foro do Clima coa finalidade de elaborara a Proposición de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética. Isto será pola tarde, pero antes, pola mañá, participarei na manifestación organizada por CCOO e UXT na defensa dos servizos públicos.
📌 Aquí a miña axenda completa deste xoves, 14 de decembro
🕛 12:00 horas. Manifestación en Defensa dos Servicios Públicos convocada por CCOO e UXT (Saída desde Cibeles e remate en metro Sevilla)
🕓 16:00 horas. Participación na Mesa Política Inaugural do Foro do Clima que organiza o Grupo Confederal no Congreso dos Deputados (Sala Ernest Lluch)
🏛 É o momento no que debemos debatir neste Congreso que queremos para o futuro das nosas infraestructuras
👉🏼 No Grupo Confederal vimos de presentar varias iniciativas parlamentarias con dos eixos fundamentais:
‼️ que se manteñan no sector público as 9 autoestradas quebradas e rescatadas con diñeiro público, renunciando a volver a privatizalas
‼️ non ampliar os periodos de concesión ás actuais autoestradas de peaxe a medida que vaian rematando estas concesións
✊🏼 A cidadanía ten dereito a disfrutar dunhas infraestructuras de alta capacidade, con seguridade, este país merece vías públicas.
🎥 Déixovos a intervención completa no seguinte enlace:
https://youtu.be/Rxt42LRdpZU
A partir das 18.30h interpelo a Fernando Jiménez Latorre, exSecretario de Estado de Economía na Comisión de Investigación da Crise Financeira. #EnDirecto https://www.youtube.com/watch?v=7g021B8MDxE
Читать полностью…https://twitter.com/En_Marea/status/951032370123149312
Читать полностью…Comparece na Com de Inv da Crise, Pedro Solbes, o exministro socialista que chegou a asegurar que España non se vería afectada pola crise das hipotecas tóxicas. Explicará hoxe a súa xestión da crise?
Читать полностью…🏭 O pasado 11 de decembro de 2017 entrou en vigor a prohibición de producir cloro empregando mercurio e obrigando ás empresas a modificar os procesos de producción que utilizan este material pesado por outros máis limpos, tal e como estipula a normativa europea.
‼️ Sen embargo, o Goberno segue sen dar explicacións ás medidas que vai adoptar nos casos nos que estas empresas non adaptaran a súa tecnoloxía, nin se vai facer un seguemento das industrias que non cumpran a regulación europea.
📝 http://congreso.enmarea.gal/en-marea-esixe-ao-goberno-de-rajoy-informacion-sobre-o-futuro-de-elnosa/
🎥 Deixovos o video completo da rolda de prensa de hoxe, na que defendemos un sistema público de pensións e esiximos que sexa debatida no Congreso a nosa Proposición de Lei de reforma das pensións vetada polo Goberno
👉🏼 https://www.youtube.com/watch?v=nqNjwdhlA6o&feature=youtu.be
Nuns intres ofrezo declaracións para valorar a proposta sobre o imposto á banca.
Читать полностью…Comeza no Congreso a comparecencia de Rodrigo Rato na Comisión de Investigación da Crise Financeira.
Читать полностью…http://m.publico.es/politica/2024766/donde-estan-las-estatuas-que-honraban-a-franco
Читать полностью…A transición enerxética, a industria, o agro, a pesca e outros campos deben comprender que a actuación para neutralizar o cambio climático é unha oportunidade para asumir os retos pendentes.
Читать полностью…Nuns intres inauguramos no Congreso dos Deputados o Foro do Clima organizado polo Grupo Confederal. Podedes seguilo en directo en http://podemos.info/directo
Читать полностью…https://twitter.com/Yolanda_Diaz_/status/941268151215579137
Читать полностью…🎉🎉 A Comisión de Economía, Industria e Competitividade aproba tamén a Proposición non de Lei de En Marea relativa á reforma do sistema de interrumpibilidade e axudas á industria.
📝 http://congreso.enmarea.gal/aprobada-iniciativa-de-en-marea-que-pide-modificacion-sistema-de-subastas-de-interrumpibilidade/