Canal oficial de Telegram de Yolanda Díaz. Ministra de Trabajo y Economía Social
Seguimos a construir en común. Mañá en Compostela participarei no II Encontro Municipalista HAI MAREAS
Читать полностью…https://twitter.com/Irene_Montero_/status/954066885930237952
Читать полностью…🎥 Aquí vos deixo un pequeno video resumo da Concentración de Pensionistas desta mañá diante do Congreso dos Deputados
https://www.youtube.com/watch?v=sK1BQyUaR4Q
📝 Despois de 20 anos tralo accidente que destruiu a Ponte das Pías, o Goberno segue sen retirar do fondo mariño os restos da antiga infraestructura. Esiximos ao Ministerio de Fomento a retirada destes restos e a limpeza da Ponte!!
https://www.youtube.com/watch?v=fE6hKLR8iYA&feature=youtu.be
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/huella-discoverer/idEdicion-2018-01-18/idNoticia-1094781/
Apoiando aos pensionistas nas súas reivindicacións na defensa dunhas pensións dignas. É o noso dereito Constitucional.
Читать полностью…📅❗️ACTUALIZACIÓN AXENDA
👭👭👭 A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, e a portavoz do Grupo Confederal, Irene Montero, darán declaracións previas á concentración organizada pola Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO en Defensa dunhas Pensións Dignas.
⏰ 11,30h
🏛 Declaracións diante da Escalinata dos Leóns
🌛 Boa tarde!!
🗣🗣 Estes días estamos vendo como PP e PSOE lanzan propostas para mellorar o sistema público de pensións. Novas bombas de fume, que ou perxudican aínda máis aos traballadores, ou son escasas e non ofrecen solucións completas. Ante isto seguimos a insistir que ata o momento, o único grupo parlamentario que presentou propostas serias e por escrito para unha reforma do sistema público de pensións foi o Grupo Confederal.
‼️ E así o está a recoñecer a sociedade civil e os sindicatos. Esiximos ao Goberno unha reconsideración do veto á nosa iniciativa, e que nos permitan, cando menos, debatila no Congreso.
✊🏼 Nesta defensa das nosas pensións, seguimos a apoiar na rúa as reclamacións da cidadanía, e mañá estaremos xunto aos pensionistas na concentración convocada diante do Congreso dos Deputados.
📌 A previsión de mañá, xoves, 18 de xaneiro
🕦 11:30 horas. MADRID. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, participa na concentración organizada pola Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO na Defensa dunhas Pensións Dignas. (Praza das Cortes - Madrid)
🌤 Boa tarde!!
😱😱 O Goberno continúa coa súa cruzada en contra das persoas pensionistas. Tralos graves recortes aplicados coa reforma laboral do 2013, agora o Partido Popular anuncia o despropósito de “ampliar o cálculo da pensión a toda a vida laboral”
‼️ Denunciamos que esta medida só serve para rebaixar, aínda máis, a base reguladora da pensión da maioría das persoas traballadoras ao incluir bases máis antigas, xeralmente máis baixas por efecto do IPC, unha medida que perxudicaría á maioría das persoas traballadoras.
‼️O PP segue a atacar o Sistema de Pensións Públicas
🗣 Ante isto, a nosa Proposición de Lei de reforma das pensións PROPÓN, pola contra que:
✔️ o número de anos a ter en conta para calcular a base reguladora da pensión de xubilación se quede en 20 anos
✔️ que a persoa traballadora poida escoller dentro de toda a súa vida laboral os mellores 240 meses para o cálculo da base reguladora pensión, en lugar de calculala necesariamente sobre os anos inmediatamente anteriores á xubilación
✊🏼 Garantimos así que as persoas traballadoras que cotizaron "máis ao comezo ou á metade da súa vida laboral e non ao final teñan unha mellor base reguladora.
✂️ O Goberno debe deixar de recortar as pensións, e crear novos ingresos. Como primeiras medidas debería:
✔️ eliminar as desgravacións fiscais aos plans de pensións privados
✔️ revalorizar as pensións
✔️ suprimir o tope máximo das bases de cotizacións máximas
✔️ eliminar as bonificacións e tarifas planas
Este mediodía mantivemos unha xuntanza con representantes de Facebook, que nos fixeron chegar as demandas desta plataforma social así como as posibilidades que ofrecen para a cidadanía
Читать полностью…⛅️ Bo día!!
🏛 Hoxe, por fin, abrimos a Comisión de Investigación da Crise Financeira á rúa, para dar voz ás vitimas reais da crise e das malas prácticas da banca, aos milleiros de afectados pola venta de preferentes.
👇🏼 Algunhas das liñas expostas nas miña intervención de hoxe:
‼️Milleiros de persoas foron estafadas polas preferentes, especialmente en Galicia. Moitas persoas loitaron nas rúas durante catro anos para que se faga xustiza.
‼️É inxusto que só recuperaran o roubado aquelas persoas que tiveron a capacidade de mobilización, e máis inxusto é que só se recuperara o 70% do estafado. Esiximos a devolución do 100% dos cartos roubados á cidadanía.
‼️Queremos coñecer o calvario real que tiveron que pasar os preferentistas para esixir xustiza. Moitos enfermaron e outros perderon a vida nesta loita. Qué procedementos se puxeron en marcha por parte das Administracións Públicas para atender e resolver as reclamacións dos afectados desde un primeiro momento?
‼️Os causantes da crise fan negocio coa estafa das preferentes mentres que a maioría social se queda privada dos aforros de toda unha vida.
‼️Esiximos coñecer o grado de coñecemento que da estaba das subordinadas e preferentes tiña o Goberno galego encabezado por Alberto Núñez Feijoo, para analizar o grado de complicidade que o executivo do PP coa banca á hora de poñer en marcha estas malas prácticas.
‼️Na venta de ABANCA produciuse unha verdadeira estafa. A cidadanía galega perdeu os seus aforros e os contribuintes seguen a pagar esta desfeita do Goberno do PP. Cumpriu a entidade galega a súa promesa de devolver os cartos aos preferentistas?
‼️ Precisamos definir qué modelo de banca necesitamos os pequenos aforradores, as persoas traballadoras, a cidadanía e as pequeñas empresas.
📻🎤 Para todos aqueles que non poidéstedes escoitar hoxe a entrevista da COPE Ferrol, aquí vos deixo o enlace ao programa http://bit.ly/2B2D5un
Читать полностью…Por si teníamos dudas de que el @PPopular defiende la privatizaciòn de las pensiones , aquí vemos a #GerardoCamps clausurando la jornada de @INVERCOinfo. Escandaloso!! 👆🏽👆🏽@En_Marea @iunida @PodemosCongreso @EnComu_Podem 😡😡
Читать полностью…⛈ Bo día!!
‼️ Seguimos a denunciar o incumprimento por parte do Partido Popular, 10 anos despois da dúa aprobación, da Lei de Memoria Histórica.
‼️ Esiximos a retirada inmediata das sinais indicadoras do Juan Canalejo, e a súa sustitución pola denominación correcta do CHUAC
📝 http://congreso.enmarea.gal/en-marea-esixe-no-congreso-retirada-dos-carteis-juan-canalejo/
🌛 Boa noite!!
‼️ Seguimos a denunciar no Congreso prácticas retrógradas propostas polo Partido Popular en diferentes concellos, como a intención agora de acadar a celebración na cidade da xura de bandeira civil.
📌 A proposta de Esquerda Unida Lugo veño de presentar unha batería de preguntas na Cámara Baixa.
📝 https://www.facebook.com/esquerdaunida.lugo/posts/1993715027559591
Presentamos a PL para o establecemento dun recargo de solidaridade ás entidades de crédito, iniciativa que persegue rescatar á cidadanía, sobre todo a través do sistema público de pensións.
Читать полностью…🌛 Boa tarde!!
🏛 Seguimos a traballar no Congreso para ofrecer propostas serias, que sexan unha alternativa real ás políticas dos recortes e as privatizacións do PP.
💰 Mañá presentamos unha iniciativa lexislativa que persigue rescatar á cidadanía, especialmente a través do sistema público de pensións, e que representa o gran pacto xeneracional fundamentado na solidaridade e o recoñecemento ao traballo, unha Proposición de Lei para o establecemento dun recargo de solidaridade ás entidades de crédito.
🕥 10:30 horas. CONGRESO. A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, xunto a Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos; Ione Belarra, portavoz adxunta do Grupo Confederal e Nacho Álvarez, responsable de economía de Podemos rexistran e presentan a Proposición de Lei relativa ao establecemento dun recargo de solidaridade ás entidades de crédito.
🌤 Boa tarde!!
✊🏼 Esta mañá estivemos apoiando aos pensionistas que se concentraron diante do Congreso dos Deputados na defensa dunhas pensións dignas
📝 O Grupo Confederal ten presentado na Cámara Baixa unha proposta seria que o Goberno vetou. Esiximos que o PP deixe que se debata a nosa PL de reforma do sistema de pensións.
🗣 Aquí vos deixo as declaracións feitas a medios esta mañá:
‼️ O sistema público de pensións non ten un problema de gastos, senón de ingresos. O número de afiliados aumenta mentres os ingresos da Seguridade Social disminúen. As políticas do PP son un perigo para os sistema público de pensións.
‼️ As urxencias son varias:
✔️ Eliminación do factor de sostenibilidade.
✔️ Supresión do índice de revalorización do 0,25. É imprescindible revalorizar as pensións públicas segundo o IPC.
✔️ Precisamos eliminar as bonificacións e subvencións á contratación. Son un peso morto e non serven para crear emprego. Crean un buraco negro na seguridade social.
✔️ Precisamos cambiar os ingresos. Defendemos a eliminación do tope máximo das cotizacións. Debe primar o principio de proporcionalidade para que as rentas máis elevadas aporten máis ao sistema público de pensións.
✔️ Eliminación das desgravacións fiscais aos plans de pensións privados.
‼️ O que é un perigo para o sistema público de pensións é o Partido Popular, que ten unha estratexia deliberada para privatizalas. Hai un mes Guindos prpuxo unha reforma para potenciar os plans de pensións privados.
😱 E un escándalo que o voceiro do PP no Pacto de Toledo clausure unhas xornadas da patronal que defende as pensións privadas no noso país.
🔒 A seguridade social nun estado democrático é un activo profundo e xerador de economía. Hai que protexelo.
Esiximos ao Goberno de Mariano Rajoy que convoque xa o debate de política xeral sobre o Estado da Nación.
Читать полностью…‼️ACTUALIZACIÓN DE #AGENDA
🗣Pablo Iglesias, presidente del grupo confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea; Irene Montero, portavoz de Unidos Podemos en el Congreso; Ione Belarra, portavoz adjunta de Unidos Podemos; y Yolanda Díaz, diputada de En Marea, registrarán hoy una solicitud para instar al Gobierno a que celebre un Debate de política general sobre el estado de la Nación
Posteriormente, Iglesias hará declaraciones a los medios
⏰12.15 (registro)
📍Set de TV del Congreso de los Diputados
Reunida con representantes da Plataforma de Pensionistas de UXT para analizar a nosa Proposición de Lei de reforma do sistema de pensións.
Читать полностью…Mañá estaremos apoiando aos pensionistas nas súas mobilizacións en Defensa do Sistema Público de Pensións!!
Читать полностью…Comparece o Ministro de Economía na Com de Inv da Crise, responsabilizando da crise á herdanza recibida de gobernos anteriores. O rescate á banca feito polo PP abandonou á cidadanía e ás pemes!!
Читать полностью…🎥 Aquí vos deixo a intervención completa na Comisión de Investigación da Cris Financeira desta mañá https://youtu.be/vQichVCm57g
Читать полностью…Comparece na Comisión de Investigación o voceiro dos Afectados polas Preferentes na Comisión de Investigación, denunciando a estafa aos que os someteu a banca. #EnDirecto http://bit.ly/2r8F2pv
Читать полностью…🌛❄️ Boa noite!
🏛 Mañá celebramos no Congreso unha nova sesión da Comisión de Investigación da Crise Financeira, na que comparecerán dous dos voceiros galegos que puxeron voz as vitimas reais da crise a causa das malas prácticas da banca. Así, estará o portavoz dos afectados polas preferentes da banca galega, e o Secretario da Banca da CIG, para darnos a coñecer as presións que sufrían as persoas traballadoras dos bancos para que colocaran productos inadecuados aos consumidores. Xa pola tarde contaremos coa comparecencia do Ministro de Economía.
📌 As comparecencias de mañá martes, 16 de xaneiro son:
🕤 9:30 horas. Comparecencia de Xesús Domínguez Domínguez, membro da Coordinadora de Plataformas de Afectados polas Preferentes
🕛 12:00 horas. Comparecencia de Clodomiro Montero Martínez, Secretario Federal de Banca da Confederación Intersindical Galega (CIG)
🕟 16:30 horas. Comparecencia de Luis de Guindos Jurado, Ministro de Economía, Industria e Competitividade, e ex Secretario de Estado de Economía no periodo 2000-2004.
🌥 Boa tarde!!
🎙 Esta mañá estiven nos estudios de COPE Ferrol para falar sobre actualidade, pero sobre todo das inicitivas que En Marea trasladou ao Congreso sobre as problemáticas e demandas da comarca de Ferrolterra.
👇🏼Aquí algunhas dos temas tratados na conversa
🏘 DEMANDAS LOCAIS
‼️ Denunciamos a inacción do Goberno en infraestruras. Levamos anos demandando melloras en relación á conexión ferroviaria, o acceso ás Pias, o desbloqueo do convenio de defensa... Non temos resposta do Goberno.
‼️ Hai un desprezo absoluto a Ferrolterra por parte do Goberno. Dan por amortizadas esta comarca. Deberiamos levar accións fortes coas alcaldías para esixir o que nos corresponde.
‼️ Hai recursos públicos para Ferrol e non se executan. O que fixo Montoro para reducir o gasto público é unha operación para cumprir co deficit a través da inexecución orzamentaria.
‼️ A nosa comarca precisa dunha esmerada atención que non temos.
🚢 NECESIDADES EN NAVANTIA
‼️ É preciso rexuvenecer a plantilla de Navantia Fene e Ferrol, para afrontar os retos do sector naval.
‼️ Non aceptaremos que o Plan Industiral reduza postos de traballo, compre incorporar novos traballadores. Hai que redeseñar un asteleiro do seculo XXI, coa incoporación de plantilla nova.
‼️ Hai unha tarefa importante, que é solucionar as indignas condicións nas que traballan as compañías auxiliares.
🏗 REHABILITACIÓN URBANÍSTICA
‼️ Hai que emprender medidas sociais e garantir o dereito á vivenda. É una enorme estafa que haxa 9.000 vivendas baleiras. Hai que tomar medidas e sobre todo mudar o sistema tributario. As vivendas non son un recurso inmobiliario, son un dereito das persoas.
‼️No tocante á rehabilitaciónn da cidade medieval en Ferrol, o principal problema é que existindo recursos públicos, non hai posibilidades materiais para afrontalos, debido á precaria situación económica da cidadanía.
🚦🚙 INFRAESTRUCTURAS VIARIAS
‼️ Precisamos a integración no Eixo Atlántico para conectar o noroeste e o sur. Compre conectar coa meseta e con Europa. Se non nos mobilizamos non teremos o que precisamos.
‼️ Segundo os informes técnicos precisaríamos un investimento de 600 millóns de euros. Un investimento pequeno para un ministerio grande. É urxente garantir as conexión, precisamos vías de comunicación rápidas para o desenvolvemento da nosa comarca.
💰 PENSIÓNS
‼️ Coordinei unha reforma do sistema público de pensións. Somos o único grupo que presentamos una reforma completa do sistema. O sistema non ten un problema de gasto, senón de ingresos. Cómpre derogar as dúas reformas laborais do PP e PSOE. A reforma do 2013 na que se incorpora o índice de revaloración é imposible de manter. Esiximos que as pensións se deban revalorizar como mínimo ao IPC.
‼️ A reforma do PSOE foi a máis agresiva contra o sistema público de pensións.
‼️ Pedimos revalorizar ao IPC, eliminar as reformas laborais, eliminar as desgravacións fiscais aos plans de pensións privados, e destopar as bases máximas de cotización, que pague máis quen máis ten.
❄️🌛 Boa noite!!
🎙 Mañá regreso a Madrid para continuar coa actividade parlamentaria no Congreso dos Deputados, pero antes farei unha parada na Cadena COPE Ferrol para analizar o traballo que estamos a desenvolver na Cámara Baixa na defensa dos intereses e demandas de Ferrolterrra. Poderedes escoitar a entrevista a partir das 13:00 horas.
📌 A miña axenda completa de mañá, luns, 15 de xaneiro:
🕐 13:00 horas. COPE FERROL. Entrevista na Cadena Cope para dar a coñecer as iniciativas que afectan, sobre tod,o á comarca de Ferrolterra, presentadas por En Marea no Congreso dos Deputados.
🕔 17:00 horas. CONGRESO. Reunión de traballo dos membros da Comisión de Investigación da Crise Financeira do Grupo Confederal.
De estafas e rescates ! Hoxe hai que ler a @MayoralRafa 👇👇
http://m.publico.es/columnas/110569100557/quien-quiera-oir-que-oiga-los-intocables-y-las-preguntas-sin-respuesta
👇🏼 E aquí algúns dos enlaces aos medios de comunicación que xa publicaron a nova das iniciativas presentadas esta mañá:
📝 https://www.eldiario.es/economia/Unidos-Podemos-defiende-recuperar-autopistas_0_728277683.html
📝 http://www.eldiario.es/politica/Unidos-Podemos-Gobierno-recupere-autopistas_0_728277699.html
📝 http://www.elperiodico.com/es/politica/20180111/unidos-podemos-gestion-publica-autopistas-peaje-6545474
📝 http://www.finanzas.com/noticias/empresas/20180111/unidos-podemos-defiende-recuperar-3759527.html
📝 http://www.diariosigloxxi.com/texto-s/mostrar/264369/unidos-podemos-quiere-nacionalizar-autopistas-sean-gratuitas